miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas resultaron afectadas a causa dun incendio nunha vivenda en Cortegada

Tres persoas resultaron afectadas a causa dun incendio nunha vivenda en Cortegada
Foto de arquivo
Tres persoas resultaron afectadas a causa dun incendio nunha vivenda en Cortegada

O suceso produciuse sobre as 14.00 horas

Tres persoas necesitaron asistencia médica despois de producirse un incendio na súa vivenda situada no concello ourensán de Cortegada.

Dúas ocupantes da casa e unha veciña foron evacuadas ao Punto de Atención Continuado do Centro de Saúde da localidade con síntomas de intoxicación por inhalación de fume e diversas queimaduras.

Todo comezou preto das dúas desta tarde cando unha chamada ao 112 Galicia permitiu activar un operativo no que participaron os voluntarios de Protección Civil de Cortegada e aos Bombeiros do Carballiño. Estes equipos foron os encargados de atallar o incendio que puido iniciarse nunha caldeira e acabou por calcinar unha terraza coa roupa e os enseres que había dentro.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias trasladaron ao PAC a tres mulleres, dúas ocupantes da casa e unha veciña, que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de fume e queimaduras.

Comentarios
Lo más