Caos no primeiro mes da reordenación do tráfico na Avenida de Lugo
Pese ao cambio de sinalado e pintado, os condutores retifican cruzando en moitas ocasións a illa central da estrada
A primeiros deste mes o Concello reordenou o tráfico na avenida de Lugo, á altura do seu enlace coa SC-20, para mellorar a seguridade viaria.
A modificación consistiu na eliminación das frechas de fin de carril existentes á altura da rotonda que comunica a avenida de Lugo coa SC-20, e a división de dous carrís diferenciados, cun terceiro carril de incorporación para os vehículos que circulen cara a rúa da Batalla de Clavijo, actualmente en obras.
Parece que moitos usuarios aínda no están acostumados ao novo pintado, pese as sinais advertindo do cambio, porque non é raro observar nestes días como moitos vehículos retifican cruzando a illa central da estrada e algunhas veces, provocando situacións moi complicadas.
SITUACIÓN ANTERIOR
Ata o de agora, os vehículos que circulaban pola avenida de Lugo en dirección Hórreo atopaban unhas frechas que obrigaban a cambiar de carril coincidindo co tramo de incorporación ao viario dende a rotonda que conecta coa SC-20. Deste xeito, non só se producían situacións de inseguridade, senón que tamén se perdía axilidade no tránsito decde a rotonda.