miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 35 propostas para a construcción do novo auditorio de Ribeira

Máis de 35 propostas para a construcción do novo auditorio de Ribeira
Máis de 35 propostas para a construcción do novo auditorio de Ribeira

Os membros do xurado seleccionarán 3 propostas entre as que se escollerá o anteproxecto gañador

A apertura dun concurso de ideas para a construción do novo Auditorio Municipal de Ribeira suscitou un altísimo interese entre o sector ata o punto de que foron 36 o número de propostas arquitectónicas presentadas na primeira fase desta actuación en aras a materialización dunha infraestrutura incluída no marco da EDUSI Máis Ribeira Atlántica, financiada nun 80% polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

O xurado do concurso comezou esta mañá a avaliar as propostas presentadas. Cómpre lembrar que esta primeira fase —pública, aberta e anónima— rematou o pasado 11 de marzo despois de 30 días naturais. Conforme o plego de licitación, o xurado está a valorar a “calidade técnica global, con expreso pronunciamento sobre a singularidade e funcionalidade da proposta e a súa relación e tratamento co entorno inmediato (zona verde), a adecuación ao programa de necesidades, a sostibilidade e execución da proposta así como a viabilidade e límite económico”.

De entre as 36 ideas seleccionaranse 3 e cada un dos seus responsables recibirá en concepto de prima unha cantidade de 9.000 euros máis IVE co obxecto de que prepare e presente un anteproxecto nun novo prazo de 30 días. De entre estas tres, o xurado escollerá a proposta gañadora, que será a que se execute sobre unha parcela de 1.372 metros cadrados anexa ao parque do Centenario. A tal efecto, a persoa ou entidade responsable da mesma farase cargo do proxecto básico/execución, ademais do estudo de seguridade e saúde, a dirección das obras e a coordinación de seguridade e saúde. O orzamento máximo por todos estes conceptos será de 217.800 euros.

De acordo coas bases do concurso, o edificio deberá constar dunha planta soto ou semisoto (equipada entre outras prestacións con camerinos e vestiarios e unha aula de ensaios ou usos múltiples debidamente insonorizada) e dunha planta Auditorio con hall/vestíbulo de entrada e dous niveis (patio de butacas e palco) cun aforo total mínimo de 450 espectadores.

Prevese ademais unha planta baixocuberta cunha sala polivalente e un corpo de aseos cunha superficie total de 200-220 metros cadrados.

A construción do novo Auditorio contribúe ao obxectivo temático 9 do POCS 2014-2020 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social” e execútase na liña de actuación 16 da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 denominada “infraestruturas públicas culturais e sociais”.

Comentarios
Lo más