XVII edición do Duatlon Cidade de de Santiago disputado o pasado sábado
Na Proba Masculina o gañador foi Cristian Muiño do Arcade Infrorhouse e na Feminina Aida Garcia do triatlon Poio
O pasado sábado disputouse a XVII edición do Duatlon Cidade de de Santiago na que participaron un total de 400 atletas. Pola maña disputáronse as probas escolares e pola tarde as probas para adultos.
Nesta proba, pertencente o circuito galego de duatlon estrada, os atletas debían percorrer un primeriro segmento de carreira de 5km, un segmento de bicicleta de 20Km con 3 ascensións o Monte de Gozo e un segmento final de carreira de 5 Km. Esta proba foi a ultima que otorgou plazas para a final do Campeonato Galego que se celebrará o vindeiro 7 de Abril en San Cibrao das Viñas (Ourense).
Na Proba Masculina o gañador foi Cristian Muiño do Arcade Infrorhouse e na Feminina Aida Garcia do triatlon Poio.
Os locais do Arcade Inforhouse Santiago foron os gañadores por equipos en ambas categorías.