miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Accidente na A-54 en Santiago

Accidente na A-54 en Santiago
Foto de arquivo
Accidente na A-54 en Santiago

Ocorreu sobre as 10:15 hoas

Unha persoa foi trasladada ao Hospital da Rosaleda de Santiago tras resultar ferida ao envorcar co seu vehículo cando circulaba pola A-54, en Santiago de Compostela.

O alertante que chamou ao 112 Galicia arredor das 10:15 horas para pedir axuda, indicaba no seu relato que unha persoa podería estar atrapada no seu interior. Con estes datos, o persoal do 112 informou aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Santiago e aos axentes Garda Civil de Tráfico. Ademais, solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os bombeiros indicaron que a persoa estaba accesible polo que non foi preciso excarcerar. 

Comentarios
Lo más