miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Accidente múltiple en Padrón

Accidente múltiple en Padrón
Foto de arquivo
Accidente múltiple en Padrón

Ocorreu sobre as 10:00 horas á altura de Cruces

Unha muller resultou ferida despois de verse implicada nunha colisión entre tres vehículos cando circulaba pola N-550, á altura de Cruces.

Un dos condutores dun dos turismos foi quen, sobre as 10:00 horas de hoxe, poñía en alerta ao 112 Galicia. A partir de aí, os xestores de emerxencias, solicitaron axiña a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos membros do GES de Padrón e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, os efectivos dos servizos de emerxencias que se atopaban no lugar, confirmaron o traslado dunha muller ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más