miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández reúne a máis de 250 veciños das parroquias de Lavacolla, Barciela, Cesar, Carvallal e Enfesta

Agustín Hernández reúne a máis de 250 veciños das parroquias de Lavacolla, Barciela, Cesar, Carvallal e Enfesta
Agustín Hernández reúne a máis de 250 veciños das parroquias de Lavacolla, Barciela, Cesar, Carvallal e Enfesta

Durante a xuntanza os veciños tiveron a oportunidade de compartir as súas inquedanzas respecto ás carencias que está a padecer o rural compostelán 

O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, reuniuse onte con máis de 250 veciños das parroquias de Carvallal, Lavacolla, Barciela, Cesar e Enfesta para compartir as necesidades do rural de Santiago. Durante a xuntanza os veciños tiveron a oportunidade de compartir as súas inquedanzas respecto ás carencias que está a padecer o rural compostelán.

Neste encontro, onde entre outros participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a deputada do Parlamento de Galicia, Paula Prado, o dirixente Popular lembrou que, cando quedan dous meses para as eleccións municipais, “atopánomos ante unha cidade que presenta a súa peor cara, tras un mandato municipal frustrante, cunha total falta de proxecto”.

Hernández destacoulle aos veciño que “este é o momento no que o Partido Popular ten a obriga de sacar a Santiago deste bucle e de poñer en marcha o noso proxecto, que é para todos sen exclusións, que se centra no traballo e na ilusión por devolver a Santiago ao espazo que merece”.

O mandatario Popular destacou que está moi agradecido á xente que está a colaborar, achegando as necesidades das parroquias co fin de incorporalas ao programa do Partido Popular e lembrou que “non hai peticións imposibles senón falta de vontade”. Así mesmo, destacou que agora é o momento de facer “un esforzo de contaxiar aos vosos veciños da nosa ilusión e que vexan o noso traballo para facer de Santiago a cidade onde todos queremos vivir”.

Entre os asuntos que Hernández falou con veciños estivo a gran necesidade existente de facer unha revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), xa que as ordenanzas que rexen a cidade son do ano 2008 e subliñou que, na vindeira lexislatura municipal, será necesario acadar un pacto polo territorio a prol do urbanismo e redactar e tramitar a revisión do Plan con consenso, xa que trátase dun proxecto que excede os 4 anos dun mandato municipal.

Lembrou que, tras 11 anos desde a aprobación deste documento, “é o momento de adecualo ao novo marco legal; para reordenar os ámbitos de desenvolvemento, co fin de adaptalos ás necesidades actuais; sobre todo, é imprescindible para solucionar os problemas no rural”.

Agustín Hernández subliñou que “levamos tempo traballando nun Plan para o rural que recolla as necesidades das parroquias de Santiago, con disintas medidas que suporán un impulso para o rural santiagués, compaxinando a modernización destas zonas e a explotación dos seus recursos naturais”.

“Buscamos que o noso rural avance e, para elo, ten que contar con servizos, para lograr fixar poboación faremos o esforzo de dotar de abastecemento e saneamento de auga nos lugares que sofren a súa carencia, soportando moitos problemas cando pasamos por momentos de falta de chuvias”, explicou.

Así mesmo, Hernández remarcou que “en todas as visitas que levo feito, me atopo cunha mesma reclamación, a desfeita no transporte urbano, con liñas que nos chegan ou non son suficientes, un servizo que se está dando en precario e que non é suficiente para as necesidades existentes, polo que é imprescindible facer unha reestruturación das liñas e mellorar e modernizar os vehículos”.

“Para conseguir máis melloras na mobilidade, combinaremos a reforma do transporte público coa construción de aparcamentos disuasorios en áreas que faciliten a entrada no centro de Santiago a os veciños do rural”, aclarou.

Finalmente, explicou que o Partido Popular de Santiago xa anunciou hai uns días un compromiso para levar acabo unha mellora fiscal para os santiagueses, que terá unha especial incidencia nos veciños do rural, que entre outras vantaxes, poderán contar cunha baixada no recibo do IBI e recibir bonificacións do 45 ao 90 % por carencia de servizos básicos.

Comentarios
Lo más