O Viveiro de Empresas de Ribeira acolle un curso gratuíto de primeiros auxilios
Será impartida por persoal do 061 e nela abordaranse contidos relacionados coa atención inicial básica en situacións de urxencia
O Viveiro de Empresas de Riveira vai acoller o vindeiro 3 de abril, de 16.30 a 20.30 horas, unha xornada gratuíta titulada “Primeiros Auxilios” da Escola Galega de Saúde para Cidadáns .
Será impartida por persoal do 061 e nela abordaranse contidos relacionados coa atención inicial básica en situacións de urxencia: como chamar ao 061, asistencia inicial ante un traumatismo, queimaduras, crise epiléptica, Reanimación Cardiopulmonar Básica, etc.
As persoas interesadas poden inscribirse no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Riveira (Viveiro de Empresas) do 27 ao 29 de marzo (de 8:00 a 15:00 horas).
As prazas asignaranse por orde de inscrición (unha persoa só poderá tramitar como máximo 2 inscricións).