miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A exposición sobre a historia de España a través dos xornais botou o peche

A exposición sobre a historia de España a través dos xornais botou o peche
A exposición sobre a historia de España a través dos xornais botou o peche

Da man de Suso Souto, presidente do club Exxpopress e propietario do material exhibido, os presentes pudieron visionar imaxes históricas ilustrativas da evolución do estado español

Os membros da Corporación Municipal acudiron na tarde do xoves ao peche da exposición ”De-Constitución: Crónica política do último século en España” que dende o pasado mes de decembro se estivo a amosar na Sala Museo Municipal de Ribeira.

Da man de Suso Souto, presidente do club Exxpopress e propietario do material exhibido, os presentes pudieron visionar imaxes históricas ilustrativas da evolución do estado español dende a voda de Alfonso XIII ata os nosos días, ao tempo que tomar un café para evocar simbolicamente a histórica frase de “café para todos” selada durante á Transición á democracia.

Dende a súa apertura o pasado 5 de decembro, numerosos veciños e grupos organizados estiveron a pasar por unha mostra na que se repasan os principais acontecementos do século XX por medio de medio cento de xornais, varias revistas, fotografías e vídeos ilustrativos da época tratada.

Comentarios
Lo más