Ames e Meniños buscan familias que colaboren co programa de adopcións especiais
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, colabora un ano máis coa Fundación Meniños na difusión do seu programa de adopcións especiais
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, colabora un ano máis coa Fundación Meniños na difusión do seu programa de adopcións especiais. Baixo o lema “Construamos unha familia xuntos. Adopta!” búscase informar e animar ás familias interesadas sobre a adopción de nenos, nenas e adolescentes tutelados pola Xunta de Galicia que, por presentar necesidades especiais, teñen unha maior dificultade para atopar unha familia.
A Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen animo de lucro adicada a promover e protexer os dereitos da infancia e adolescencia en dificultade social, propiciando cambios que lles aseguren un ambiente familiar de seguridade e afecto. En activo dende 1996, desenvolven programas especializados en intervención familiar, así como de prevención e sensibilización orientados ao ámbito da infancia e familia. O seu radio de acción estendese por Galicia e Asturias.
O programa de adopcións especiais é un servizo concertado coa consellería de Política Social da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é dar resposta á necesidade de garantir aos nenos e nenas con necesidades especiais o seu dereito a medrar nunha familia, promover a adopción de nenas, nenos e adolescentes tutelados pola Xunta de Galicia que, polas súas características, teñen máis dificultade para poder exercer o seu dereito a vivir en familia. A este grupo pertencen grupos de irmáns, nenas ou nenos con algún tipo de discapacidade ou enfermidade crónica, e adolescentes; o que os converte en persoas con unha maior dificultade para atopar unha familia.
Dende a Fundación Meniños, búscanse familias dispostas a ofrecerlle a un neno, nena ou adolescentes un ambiente familiar estable e seguro. Para elo, realízanse charlas e actividades co obxectivo de sensibilizar á sociedade acerca de los niños, niñas y adolescentes que necesitan una familia adoptiva e dar a coñecer o programa, e así chegar a persoas que poidan estar interesadas en acercarse ao mesmo. Asemade, ofrecen ás familias información, formación orientación acompañamento e apoio técnico durante todo o proceso.