Ribeira presenta a quinta edición das súas Xornadas Saudables
O alzheimer, o dano cerebral adquirido, a alimentación e a cociña saudables para as persoas maiores, a musicoterapia e o baile integran a temática que se explicará no transcurso destas accións
As Xornadas Saudables que organizan os Servizos Sociais de Ribeira alcanzan a súa quinta edición cun completo cartel formado por seis actividades de inscrición gratuíta, que se entenderán dende principios de abril ata mediados do mes de xuño da man de distintas asociacións e entidades.
O alzheimer, o dano cerebral adquirido, a alimentación e a cociña saudables para as persoas maiores, a musicoterapia e o baile integran a temática que se explicará no transcurso destas accións que foron presentadas hoxe pola concelleira Esther Patiño e a xefa de servizo, María Francisca Vidal.
As inscricións en todos os casos débense formalizar no Departamento de Servizos Sociais situado no edificio Mirador de Padín.