Veciños e veciñas de Ordes continúan realizando o Camiño Portugués pola costa
10:11 24/03/19
10:11 24/03/19
A próxima convocatoria está posta para o último sábado de mes, no que se completará o tramo Padrón – O Milladoiro
Continúa o percorrido polo Camiño Portugués pola costa que están a realizar máis de cen veciños e veciñas de Ordes. Caldas de Reis – Padrón, de 18 quilómetros, foi a última etapa completada o pasado sábado.
Sen dúbida as boas condicións meteorolóxicas axudaron a desfrutar deste traxecto onde a típica paisaxe galega de interior deixou a máis dun e dunha coa boca aberta.
A próxima convocatoria está posta para o último sábado de mes, no que se completará o tramo Padrón – O Milladoiro.