miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un peatón tras ser atropelado en Moaña

Falece un peatón tras ser atropelado en Moaña
Falece un peatón tras ser atropelado en Moaña

Os xestores do 112 Galicia tiveron constancia dos feitos a través da chamada dun particular ao redor das 17:30 horas da tarde de onte

Unha persoa faleceu tras ser alcanzada por un vehículo na PO-551, á altura do punto quilométrico 27, no concello pontevedrés de Moaña.

Os xestores do 112 Galicia tiveron constancia dos feitos a través da chamada dun particular ao redor das 17:30 horas da tarde de onte. 

De inmediato, puxeron a situación en coñecemento dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Morrazo, da Garda Civil, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Debido á gravidade das lesións, os equipos de emerxencia tan só puideron confirmar o falecemento da vítima.

Comentarios
Lo más