Padrón presenta a súa programación para as súas Festas da Pascua
Máis de 60 actividades serán as protagonistas destas festas que comezarán o vindeiro 30 de marzo e rematarán o 28 de abril, co Domingo Pascuilla
Antonio Fernández, alcalde de Padrón, e os concelleiros Lorena Couso, concelleira de Cultura e Turismo, e Ángel Rodríguez, concelleiro de Festexos, presentaron hoxe as actividades da conocida Festa da Pascua 2019 de Padrón. O seu día central será o vindeiro 21 de abril e contará con Xosé Antonio Touriñan, coñecido humorista da TVG, como pregoeiro das festas, o día 20 de abril ás 20:00 horas, na Praza de Macías.
Máis de 60 actividades serán as protagonistas destas festas que comezarán o vindeiro 30 de marzo e rematarán o 28 de abril, co Domingo Pascuilla, amais das celebracións relixiosas da Semana Santa de Padrón.
Cabe destacar a famosa Feira Cabalar do Domingo de Pascua (21 de abril), no que se repartirán máis de 5.000 euros en premios que incluirá concursos morfolóxicos de poldros, eguas e sementais de Pura Raza Española, Pura Raza Árabe, Pura Raza Galega e cruzados. Tamén será a quenda da XLIX Feira-Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial (20 e 21 de abril).
O alcalde destacou que tomará importancia o aspecto musical, no que participarán máis de 30 formacións entre agrupacións folclóricas, bandas de música, orquestras e grupos de rock. Compre destacar para os máis nostálxicos a Noite de Rock dos 80 cos grupos La Guardia e La Frontera, o Sábado de Pascuilla (27 de abril) ou o XI Festival de Bandas "Capital do Sar", o Domingo de Pascuilla (28 de abril).
Ademáis o deporte tamén terá o seu oco na programación das festas de Pascua xa que haberá probas dunha decea de modalidades: o I Trofeo de Judo Infantil (30 de marzo), a XII Andaina Bisbarra do Sar (6 de abril), o XXXII Raid Cabalar (13 de abril), Gran Velada de Boxeo (19 de abril), XL Gran Carreira Popular (20 de abril), a 57ª edición da Clásica de Pascua de ciclismo (27 de abril), e competicións de fútbol sala, xadrez, fútbol base, chave e tenis.
Como sempre o luns 22 de abril celebraráse o tradicional Día de Santiago e o Día de Rianxo, no día seguinte. No que as corporacións municipais terán un xantar de confraternidade e haberá diferentes actuacións coas respectivas bandas de musica municipais.
Non con todo, Antonio Fernández remarcou que haberá sorpresas que se desvelerán ao longo da vindeira semana na páxina web así como nas redes sociais do concello e por suposto, o reparto do tradicional Libro da Pascua. Todo listo? Que dean comezo os días grandes de Padrón!