miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un incendio nunha nave de explotación de polos en Vilamarín deixa danos no seu interior

Un incendio nunha nave de explotación de polos en Vilamarín deixa danos no seu interior
Foto de arquivo
Un incendio nunha nave de explotación de polos en Vilamarín deixa danos no seu interior

Ao fío das 09:10 horas, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiron a alerta dun incendio nunha nave de explotación de polos no lugar de Pitón

Un incendio declarado esta mañá nunha nave dedicada á explotación de polos en Vilamarín provocou danos no seu interior. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, algúns animais morreron e parte da instalación eléctrica resultou afectada.

Ao fío das 09:10 horas, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiron a alerta dun incendio nunha nave de explotación de polos no lugar de Pitón.

De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia, pasouse aviso aos Bombeiros do Carballiño, aos voluntarios de Protección Civil de Vilamarín e do Carballiño, á Garda Civil e á Policía Local. Ademais, tamén alertouse por precaución aos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.

Tras rematar os traballos de extinción, os servizos de emerxencia confirmaron que arderon comedeiros e serraduras.

Comentarios
Lo más