miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mercedes Rosón: "A proposta de CA sobre o Espiño é xudicialmente insostible e socialmente enganosa”

Mercedes Rosón: "A proposta de CA sobre o Espiño é xudicialmente insostible e socialmente enganosa”
Mercedes Rosón: "A proposta de CA sobre o Espiño é xudicialmente insostible e socialmente enganosa”

A número dous da candidatura tildou esta proposta como de “propaganda pura” e insistiu en que “a non podemos asumir por unha cuestión de sentido común e de compromiso coa cidade”

Os candidatos do PSOE na cidade foron preguntados pola proposta de modificación do convenio da Finca do Espiño, que non foi aprobada no pleno do xoves pola abstención dos tres grupos da oposición. A este respecto, Mercedes Rosón asegurou que a proposta que levou Compostela Aberta ao pleno era “xudicialmente insostible e socialmente enganosa”. 

Segundo indicou, tal e como ía plantexada, implica un gran risco económico con consecuencias moi lesivas, para os intereses do Concello, posto que, afirmou, poderían supor unha indemización de entre seis e doce millóns de euros para as arcas municipais.

“O que non pode ser é que despois de case anos de goberno se leve un tema bastante trascendental, como é o da finca do Espiño, ao derradeiro pleno do mandato e que, ademais, veña con estas flaquezas e sen moitos informes preceptivos para a súa aprobación”, destacou Rosón. 

A que fora concelleira de Urbanismo con Bugallo explicou a orixe do convenio, en 2002, e como foi evolucionando ata chegar á actualidade, cunha proposta de Compostela Aberta que “ten un risco moi importante xurídico e para o patrimonio do Concello”.

A número dous da candidatura tildou esta proposta como de “propaganda pura” e insistiu en que “a non podemos asumir por unha cuestión de sentido común e de compromiso coa cidade”. “É inasumible económica, xurídica e politicamente”, dixo.

Comentarios
Lo más