miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo compremétese a investir 10 millóns de euros en Pontepedriña e no Castiñeiriño

Bugallo compremétese a investir 10 millóns de euros en Pontepedriña e no Castiñeiriño
Bugallo compremétese a investir 10 millóns de euros en Pontepedriña e no Castiñeiriño

Estes compromisos foron explicados, como dixo, aos representantes veciñais do barrio, nunha serie de encontros desenvolvimos estes días, así como coa comunidade educativa de Lamas de Abade

O candidato socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, trasladou onte aos medios de comunicación, nunha comparecencia xunto coa número dous da lista, Mercedes Rosón, o seu compromiso a investir arredor de dez millóns de euros se despois do 26M resultad elixido alcalde no ámbito de Pontepedriña e Castiñeiriño, coa transformación da N-525 , entre a rotonda do Castiñeiriño e o paso inferior debaixo das vías do tren, e un programa de reurbanización das rúas que conectarán coa futuro estación de autobuses, ademais de Clara Campoamor. 

Estes compromisos foron explicados, como dixo, aos representantes veciñais do barrio, nunha serie de encontros desenvolvimos estes días, así como coa comunidade educativa de Lamas de Abade, á que lle anunciou que encargará un estudo para buscar a mellor fórmula –posiblemente a dun plan especial- para ordear toda a zona educativa que se foi construindo neste espazo e organizar os accesos.

“Ao longo destes anos, non se fixo nada”. Así resumía brevemente Bugallo o que comprobaron estes días nas visitas que realizaron a Pontepedriña, Castiñeiriño e Lamas de Abade. O candidato asegurou que nas vivendas sociais declaradas ARI dende 2010 non se rehabilitou vivenda ningunha nin se instalou un só ascensor, e o mesmo acontece na zona superior, na máis vinculada á área do ferrocarril, o mesmo, con “rúas que están como estaban, vivendas rehabilitadas, ningunha, e o compromiso concreto que había, que era acondicionar o parque infantil cun investimento de 69.000 euros, pois tampouco se fixo”. “Sorprendentemente quedan 19 millóns de euros en obras sen executar, pero desde 2017, que está isto aprobado e comprometido, a día de hoxe non foron quen de acondicionar un parque infantil, que era o único ao que Compostela Aberta se comprometera”, dixo.

Nestes encontros, o equipo que lidera Xosé A. Sánchez Bugallo plantexou á veciñanza os compromisos concretos, que pasan, en primeiro lugar –e, como puntualizou, trátase tamén dunha demanda da Asociación de Veciños do Castiñeiriño-, é tranformar a estrada N-525 nunha avenida urbana, seguindo, como explicou, o deseño que se empregou noutros espazos, como Mestre Mateo, avenida de Lugo ou Galeras. Esta actuación, fundamental para Bugallo e a primeira intervención de dous tramos de estrada por urbanizar –o segundo sería a conexión de San Caetano co Tambre, a través de Cruceiro da Coruña-, está cuantificada en arredor de seis millóns de euros e abarcaría o treito entre a rotonda do Castiñeiriño e o paso inferior debaixo das vías do tren. Transformar unha estrada nunha avenida arbolada, cunha beirrarúas “en condicións”, e coa reposición de servizos e mesmo algunha remodelación na propia rotonda son as ideas deste proxecto no que xa traballa para a súa execución de chegar á Alcaldía o equipo de Bugallo.

Outro compromiso asumida coa veciñanza e, como dixo o candidato, é impulsar a rehabilitación de vivendas e instalación de ascensores, tanto na zona de ARI, como incorporar a parte construida nos anos 60, que tampouco teñen ascensores ou medidas de cualidade enerxética. Ademais, estas actuacións irán acompañadas, segundo engadiu, dun programa de reurbanización integral que debe resolver dous problemas fundamentais, ademais da propia reposición e substitución do servizos: o problema de conexión do Ensanche a través da actuación da intermodal, e o problema de continuidade de vías que a día de hoxe están cortadas.

Sánchez Bugallo estimou en dez millóns de euros estas intervencións, sen contar o custo de rehabilitación de vivendas, xa que debe ser subvencionado pola administración pública pero coa participación económica dos propietarios. Destes dez millóns, seis serían para a N-525, un e medio para Clara Campoamor e 2,5 para o programa de reurbanizacións.

“Resulta inconcebible, inexplicable e inxustificable que despois de oito anos, non haxa ningunha vivenda rehabilitada nin un ascensor instalado e o único compromiso, que son os 69.000 euros para acondicionar un parque infantil, estea sen executar”, destacou o candidato socialista.

Como destacou a número dous da candidatura, “Pontepedriña, O Castiñeiro e Lamas de Abade xa non é a periferia, e polo tanto hai que darlle ese estatus de centro de cidade”. Rosón fixo fincapé no feito de que na actualidade hai rúas pequenas en contacto coa que vai ser a estación de buses, moitas delas cortadas, que precisan de humanización e “adaptalas a ese novo contexto”. Todas estas actuacións, como destacou, estarán baixo o paraugas dun Plan de Mobilidade, elemento fundamental para este equipo.

Noutras das reunións celebradas estes días, concretamente coa comunidade educativa de Lamas de Abade, Bugallo asegurou que, de acceder á Alcaldía, encargará de forma inmediata un estudo que determine a mellor fórmula para ordear toda a zona educativa que se foi construindo –para Bugallo, posiblemente sexa un plan especial- e para organizar os accesos.

RECURSO DA XUNTA

Preguntado sobre o recurso contencioso-administrativo interposto pola Xunta contra o Concello polo cambio realizado polo goberno local na normativa municipal de regulamento de ruidos e as actuacións dos locais, Sánchez Bugallo lembrou que nos seus trece anos de mandato non se presentou ningún.

Como apuntou, “é evidente” que existe un problema de diálogo e de relacións institucionais. “O recurso é unha decisión desafortunada, veña de donde veña”, dixo o candidato, que considera que cando se produce un problema por non falar dos temas xeralmente é responsabilidade das dúas partes, agás que se acredite que é un o que se nega a abordar o tema.

“Dende logo, nos trece anos que eu fun o alcalde, nunca a Xunta interpuxo un recurso contra o Concello nin o Concello contra a Xunta, porque sempre utilizamos o teléfono, que daba lugar a que falaramos, a que nos reuniramos e, se había algún problema ou discrepancia –que as houbo, e moitas-, no 95% atopabamos unha solución consensuada e no 5% que non se atopaba, nun ámbito de cordialidade e de magnífica relación e colaboración institucional, se o problema non era moi grave, ninguén ía ao Xulgado”, explicou Bugallo, que engadiu que “lamentamos isto que está suceder”. O candidato socialista anunciou que se reunirá co sector da hostalería e “se temos a responsabilidade de gobernar, dende logo nos reuniremos coa Xunta para buscar unha solución extraxudicial dese e doutros conflitos que están plantexados ante os tribunais e que non teñen boa perspectiva”.

Comentarios
Lo más