Xoán Bascuas propón aumentar a Rede Municipal de Escolas Infantís
Compromiso aposta pola educación pública dos menores de tres anos
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais de Santiago, propón ampliar a rede municipal de escolas infantís, reestructurándoa en base ao criterio de equilibrio territorial na súa distribución e aumentando o número de prazas de 0-3 anos na oferta da rede pública municipal.
Na actualidade tres son as escolas infantís municipais: Conxo, Fontiñas, Salgueiriños- Meixonfrio. Dado que a demanda supera a oferta, son moitas as familias que rematan por recorrer á oferta privada.
Dende Compromiso apuntan que no conxunto do estado só un seis por cento de prazas escolares son totalmente subvencionadas pola administración, moi por debaixo da media Europea, que chega o corenta e catro por cento isto dificulta o acceso a quen máis o precisa.
Bascuas aposta por promover activamente o acceso a educación pública de 0-3 anos, e garantir o acceso as familias máis e colectivos máis vulnerables