miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

V Xornadas da Lamprea en Padrón

V Xornadas da Lamprea en Padrón
Foto de arquivo
V Xornadas da Lamprea en Padrón

Terán lugar do 22 ao 31 de marzo

Despois do éxito de edicións anteriores, chegan as V Xornadas da Lamprea do 22 ao 31 de marzo. Xa levan todo o mes de febreiro e marzo con xornadas divulgativas sobre a lamprea nos centros educativos, pero o forte empeza agora.

Mañá venres 23 de marzo, teremos una Xincana da Lamprea na Biblioteca Municipal. Esta actividade está dirixida para público infantil e familias, e terá lugar ás 17:00 horas. Tamén máñá á mesma hora haberá un Obradoiro chamado "Aprendemos a facer empanada de lamprea" e será no Edificio de Servizos Sociais, previa inscrición de balde.

Xa na semana que ven, o venres 27 de marzo tócalle ao Concurso de Empanadas de Lamprea. Os veciños poderán participar previa inscrición e optarán a tres premios de 300, 200 e 100 euros.

O sábado 30 de marzo terá lugar a Ruta da Lamprea en Herbón que comenzará as 10:00 horas. A saída será dende o Convento Franciscano de Herbón, incluída visita guiada ao convento. A ruta consistirá nunha visita medioambiental guiada cun biólogo. Para esta actividade hai prazas limitadas.

E a todas estas actividades hai que sumarlle os Menús Lampreeiros que se poden atopar en diferentes restaurantes da zona con reserva previa a un prezo de 30€.

Xa está todo a punto para que empecen as V Xornadas da Lamprea en Padrón.

Comentarios
Lo más