miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Condenan a dous anos de prisión a un home que pagou unha pizza cun billete falso

Condenan a dous anos de prisión a un home que pagou unha pizza cun billete falso
Condenan a dous anos de prisión a un home que pagou unha pizza cun billete falso

A Audiencia considerou acreditado que tiña “pleno coñecemento de que non eran verdadeiros” e que o seu propósito era “facilitárllelos a terceiros”

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a condena imposta pola Audiencia Provincial da Coruña a un home que pagou unha pizza cun billete falso de 50 euros. 

O imputado foi sentenciado a dous anos de prisión e ao pagamento dunha multa de 350 euros como autor dun delito de tenza de moeda falsa e doutro leve de estafa. Cando a Garda Civil foi alertada polo repartidor e se presentou na vivenda, o sospeitoso tirou ao chan outros tres pseudobilletes de 50 euros análogos ao que entregara. 

A Audiencia considerou acreditado que tiña “pleno coñecemento de que non eran verdadeiros” e que o seu propósito era “facilitárllelos a terceiros”.

“A sala de axuizamento conclúe, insistimos en que de forma racional e lóxica, que o acusado tivo coñecemento desde a súa adquisición da falsidade dos catro billetes de 50 euros de valor nominal que lle foron incautados e que, desde logo, os posuía coa intención de introducilos no tráfico monetario, sen que, por outra banda, se poida dar credibilidade á versión exculpatoria do hoxe recorrente por carecer da mínima coherencia e verosimilitude”, salienta o TSXG na sentenza.

Comentarios
Lo más