miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo aposta por reurbanizar a Nacional 525 para convertela nunha avenida urbana

Bugallo aposta por reurbanizar a Nacional 525 para convertela nunha avenida urbana
Bugallo aposta por reurbanizar a Nacional 525 para convertela nunha avenida urbana

Nunha reunión celebrada onte, a asociación veciñal de Pontepedriña presentoulle un informe ao candidato á alcaldía de Santiago polo PSdeG -PSOE no que enumeran os problemas do barrio

O candidato a alcaldía de Santiago de Compostela polo PSdeG_PSOE, Xosé Sánchez Bugallo, comprometeuse coa Asociación de Veciños de Pontepedriña, á reurbanización da N-525, para convertela nunha avenida. O obxectivo, segundo explicou Sánchez Bugallo, aos representantes veciñais é “que se resolva integración do barrio”, facilitando a mobilidade. Neste momento, lembrou está dividido por unha estrada de catro carrís. Sería, segundo o candidato, unha avenida urbana con árbores, convertendo unha estrada nacional nunha rúa integrada na cidade, semellante ao que se fixo en Galeras, ou Mestre Mateo. Que haxa, explicou“permeabilidade entre un lado e o outro”.

É só un dos compromisos na reurbanización dun barrio, Pontepedriña, que os propios veciños definen como un dos máis degradados da cidade. No encontro, celebrado esta tarde, presentáronlle un dossier a Sánchez Bugallo, Mercedes Rosón e Javier Fernández, no que enumeraban os problemas da zona. Entre eles: alta intensidade de tráfico, rúas sen continuidade, asolagamentos, terrapléns, e áreas de xogos moi degradadas.

Para o candidato socialista á alcaldía, é primordial “ter uns servizos que funcionen”. Por iso, tamén aposta, igual que para outras zonas da cidade, pola rehabilitación das vivendas do barrio, moi necesitadas de dotarse de ascensores, tratamentos de illamento, etc. Tamén é importante resolver outros asuntos, como o da a estación intermodal. “Que non sexa un “apeadoiro”, engade Bugallo, nunha cidade que recibe máis de dous millóns seiscentos mil pasaxeiros ao ano; ou da estación de autobuses, que se está a construír.

Para Sánchez Bugallo, o proxecto de Compostela Aberta para a zona non é operativo. Argumenta que non arranxa o problema da estación de autobuses e aumenta o tráfico na rotonda da Galuresa. A porta de entrada de Santiago pola zona sur ten que localizarse no cruce da autoestrada, di Bugallo. Desde alí debe recibir un tratamento de avenida urbana.

Comentarios
Lo más