miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asociación Área Empresarial do Tambre celebra hoxe a mesa redonda “Testemuños empresariais femininos” na que catro empresarias analizarán o papel da muller no mundo da empresa

A Asociación Área Empresarial do Tambre celebra hoxe a mesa redonda “Testemuños empresariais femininos” na que catro empresarias analizarán o papel da muller no mundo da empresa
Foto de arquivo
A Asociación Área Empresarial do Tambre celebra hoxe a mesa redonda “Testemuños empresariais femininos” na que catro empresarias analizarán o papel da muller no mundo da empresa

O acto, que se celebrará ás 11 horas no Centro Empresarial do Tambre, será inaugurado pola secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) celebrará hoxe xoves, 21 de marzo, unha mesa redonda titulada “Testemuños empresariais femininos”. O acto será inaugurado polo presidente da Asociación, Jesús Chenel; a secretaria Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois, ás 11:00 horas no Centro Empresarial do Tambre.

A mesa redonda, organizada co motivo do Día Internacional da Muller que se conmemorou o pasado 8 de marzo, reunirá a catro mulleres profesionais e empresarias que compartirán experiencias e analizarán o papel da muller no mundo empresarial. As protagonistas do debate, moderado polo secretario da Asociación Ramón Lois, serán Rosa Blanca Rodríguez, administradora de Espina y Delfín; María Caeiro, conselleira delegada do Grupo Caeiro, María Pais, controller do Grupo Quatrium; e María Vázquez, directora xerente de Mercagalicia.

Comentarios
Lo más