miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cinco feridos en Mos nun accidente múltiple

Cinco feridos en Mos nun accidente múltiple
Cinco feridos en Mos nun accidente múltiple

Os xestores de emerxencias pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico, que decontado, se desprazaron ao punto

Unha colisión en cadea entre seis turismos cando circulaban pola A-55, dirección Vigo, deixou esta mañá un total de cinco persoas feridas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun alertante, pasados uns minutos das 8:30 horas desta mañá. Indicaba que era un dos implicados e que se trataba dun choque en cadea entre varios vehículos.

Con estes datos, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico, que decontado, se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito, informouse aos Bombeiros de Porriño e aos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por parte dos efectivos de Protección Civil, os cinco feridos foron trasladados, catro ao Hospital Fátima de Vigo, e un ao Povisa tamén da cidade olívica.

Comentarios
Lo más