Traballadores de DIA protestan polo ERE da empresa
CCOO convocou en solitario paros de dúas horas, de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00, xunto con concentracións en lugares sinalados
A Federación de Servizos de CCOO sinala que este mércores é unha xornada decisiva para o futuro do Grupo DIA e do seu cadro de persoal, xa que se celebra en Madrid a xunta xeral de accionistas, da que pode saír un novo equipo directivo.
Tamén está previsto que se debata o plan de viabilidade da distribuidora de alimentación, que condicionará o ERE que prevé levar adiante a empresa.
CCOO convocou en solitario paros de dúas horas, de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00, xunto con concentracións en lugares sinalados. No caso de Galicia, xa houbo unha protesta este mediodía fronte ao almacén do grupo no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.