Felipe VI coñece de cerca a realidade do bosque galego
A anécdota da xornada foi un pequeno sobresalto cando un tendido eléctrico provocou unha pequena explosión
Esta mañá o rei Felipe VI presidiu o acto central do Día Internacional dos Bosques que organiza Xuntos polos Bosques, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en el concello de Boqueixón, interesándose polos traballos selvícolas que se veñen realizando e coñecendo, de primeira man, a xestión forestal galega.
O lema deste ano, Os Bosques e a Educación, trata de poñer o foco na importancia da formación e da cultura forestal como pilares de desenvolvemento forestal en España y do recoñecemento social dos valores asociados aos bosques.
A cadea de valor forestal galega amosou o seu orgullo por poñer o foco en Galicia para acoller esta celebración e amosou a súa unidade e solidez na que se está consolidando nos últimos anos e que está permitindo xerar un valor crecente a unha sociedade que cada vez demanda máis e mellor.
Durante os acots de conmemoración, que contaron coas intervencións de Juan Picos, director da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, Tomás Cuesta, director da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Abril, presidente da Conferencia dos Consellos Sociais das Universdiades Españolas, e Eduardo Rojas, coordinador de Xuntos polo Bosques, púxose de manifesto a importanciaa da formación forestal que, xunto a innovación, propiciaron grandes avances tecnolóxicos e novos materiais saudables para o planeta.
A anécdota da xornada foi un pequeno sobresalto cando un tendido eléctrico provocou unha pequena explosión e deixou sen luz ao espazo de formación onde se iban a celebrar as diferentes charlas.
Pola tarde, o rei visitará o Pico Sacro onde coñecerán as actuacións que se están levando a cabo nel y poñendo o broche de ouro a unha xornada que, sen dúbida, marcou un fito histórico para a cadea de valor galega quen requeriu reivindicar os mil motivos que existen para sentir orgullo polo rural e subrayar a converxencia que hay entre as diferentes partes asociadas aos bosques, algo moi novidos en España.