miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Felipe VI visita hoxe o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

Felipe VI visita hoxe o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude
Felipe VI visita hoxe o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

A asociación organizadora da celebración Xuntos polos Bosques agrupa a máis de 30 entidades representativas do sector forestal español

O rei Felipe VI presidirá hoxe, mércores, a conmemoración do Día Internacional dos Bosques en Galicia, un acto impulsado pola asociación Xuntos polos Bosques.

O acto terá lugar a partir das 11:00 horas nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, situado no termo municipal de Boqueixón.

A celebración está dedicada cada ano a unha temática concreta e nesta ocasión centrarase nos bosques e a educación. Desde o ano 2015 o lema desta xornada estivo dedicado sucesivamente á relación dos bosques co cambio climático, a auga, a enerxía e os bosques urbanos para incidir nunhas cidades verdes e saudables.

A asociación organizadora da celebración Xuntos polos Bosques agrupa a máis de 30 entidades representativas do sector forestal español.

A xornada dedicada aos bosques levará a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, a poucos quilómetros de Santiago de Compostela, onde Felipe VI visitará uns traballos selvícolas e interesarase polos labores de xestión forestal no propio terreo.

Posteriormente, asistirá á xornada de conmemoración na que participarán o doutor Enxeñeiro de Montes Juan Picos, director da Escola de Enxeñería Forestal das Universidade de Vigo; Antonio Abril, presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas, e Eduardo Rojas, coordinador de Xuntos polos Bosques, segundo informou a asociación organizadora.

Comentarios
Lo más