miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Visita do conselleiro de Cultura ao rodaxe "O Santa Isabel", na illa de Sálvora

Visita do conselleiro de Cultura ao rodaxe "O Santa Isabel", na illa de Sálvora
Visita do conselleiro de Cultura ao rodaxe "O Santa Isabel", na illa de Sálvora

A película relata a historia das tres heroínas de Sálvora, que arriscaron a súa vida para intentar salvar os náufragos deste vapor na súa ruta de Bilbao a Cádiz recollendo emigrantes rumbo a Bos Aires e con máis de 260 persoas a bordo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, visitou onte a rodaxe da película O Santa Isabel, na Illa de Sálvora. O filme, dirixido por Paula Cons, está inspirado no naufraxio do vapor transatlántico homónimo fronte á illa en 1921.

Agallas Films encabeza esta coprodución internacional que “narra un suceso acaecido na nosa terra e, para facelo, conta con actores e equipo técnico galego”, tal e como apuntou o conselleiro. A película relata a historia das tres heroínas de Sálvora, que arriscaron a súa vida para intentar salvar os náufragos deste vapor na súa ruta de Bilbao a Cádiz recollendo emigrantes rumbo a Bos Aires e con máis de 260 persoas a bordo. Cincuenta delas sobreviviron grazas á valente intervención de María e doutras dúas mozas da illa: Josefa e Cipriana.

Román Rodríguez destacou a importancia de que películas coma esta se roden en Galicia, xa que contribúen de xeito moi importante á dinamización do sector e a dar a coñecer o país máis aló das nosas fronteiras grazas á súa vocación de difusión comercial nacional e internacional. Cómpre destacar que O Santa Isabel desenvólvese como unha coprodución internacional entre a empresa galega Agallas Films, a arxentina Aleph Cine e a vasca Historias del Tío Luis, coa participación de RTVE, TVG e ETB. Ademais da subvención da Xunta, o filme recibiu tamén apoios do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Goberno de España, do Goberno Vasco, do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (INCAA) arxentino e do programa internacional Ibermedia.

No reparto, encabezado por Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna, figuran actrices e actores galegos como Milo Taboada, Celso Bugallo, María Costas ou Machi Salgado. Paula Cons, quen tamén asina o guión xunto a Luis Marías, conta tras as cámaras cun equipo de destacados profesionais, como Aitor Mantxola (El fotógrafo de Mauthausen) ou o director de arte Antonio Pereira (Fariña).

Comentarios
Lo más