miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A aula CeMIT de Ribeira organiza novos cursos

A aula CeMIT de Ribeira organiza novos cursos
A aula CeMIT de Ribeira organiza novos cursos

O curso sobre Google Fotos terá lugar os días 25, 26, 27 e 28 de marzo, de 10:30 a 12:30 horas

A Aula CeMIT de Ribeira trae novas propostas gratuítas para esta segunda semana de marzo: un curso sobre Google Fotos e unha xornada por videconferencia sobre noticias falsas, as popularmente coñecidas como “fake news”.

O curso sobre Google Fotos terá lugar os días 25, 26, 27 e 28 de marzo, de 10:30 a 12:30 horas e no transcurso da accións aprenderanse trucos e tips para utilizar esta potente aplicación a través do teléfono móbil.

En canto á videoconferencia, terá lugar o 26 de marzo de 12:30 a 14:00 horas e explicaranse termos como “fake news” ou “clickbait” ademais de ofrecer pautas á hora de contrastar a información ou identificar bulos.

Comentarios
Lo más