miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG ribeirense aproba por unanimidade a candidatura na que se incorporan independentes

O BNG ribeirense aproba por unanimidade a candidatura na que se incorporan independentes
O BNG ribeirense aproba por unanimidade a candidatura na que se incorporan independentes

Vázquez Cobas comprométese a traballar por unha Ribeira con emprego, xusta, accesíbel, verde e onde as parroquias teñan voz

O BNG en Ribeira celebrou unha asemblea aberta o sábado pasado na que se aprobou por unanimidade a candidatura nacionalista ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. O cabeza de lista e voceiro municipal, Xosé Antonio Vázquez Cobas, mostrouse satisfeito de poder incorporar perosas independentes pois “é unha mostra de que o Bloque ten un proxecto inclusivo para os veciños e veciñas”.

A xuntanza tamén serviu para trazar as liñas mestras que conformarán o programa de goberno que os nacionalistas queren desenvolver no municipio e que se poden resumir nunha frase “Ribeira con emprego, xusta, accesíbel, verde e onde as parroquias teñan voz”.

Neste sentido, Vázquez Cobas, compromete o traballo do BNG para crear un ambicioso programa de emprego con rebaixa de impostos a pequenas empresas que xeren emprego, remunicipalización do Centenario para rebaixar as tarifas ou a aposta clara polo chan industrial.

O Bloque terá especial atención á infancia pois cre que hai que impulsar a conciliación ou a mellora no mantemento de parques e mobiliario urbano. Cobas asegurou que se teñen responsabilidade de goberno “en Ribeira haberá un parque cuberto e puntos de atención a crianzas”.

Traballarán tamén para impulsar unha residencia 100% pública ou mellorar a participación facendo posíbel que a veciñanza poida decidir o destino dunha parte dos orzamentos, asegurou.

Cobas concluiu: “o BNG ten equipo cohesionado, con experiencia e ideas claras para transformar Ribeira e devolverlle a ilusión e o orgullo aos veciños e veciñas”.

Comentarios
Lo más