miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Suspéndese a folga de ambulancias tras alcanzar un preacordo os sindicatos e a patronal

Suspéndese a folga de ambulancias tras alcanzar un preacordo os sindicatos e a patronal
Suspéndese a folga de ambulancias tras alcanzar un preacordo os sindicatos e a patronal

O documento recolle un incremento salarial e melloras sociais

Empresarios e sindicatos alcanzaron nas últimas horas un preacordo polo que se suspende a folga no sector das ambulancias en Galicia.

Tras máis de sete horas de negociación na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, as partes acordaron un documento que supón a suspensión da folga convocada para mañá, 20 de marzo, que será desconvocada unha vez asínese o texto íntegro do novo convenio colectivo, o vindeiro luns, 25 de marzo.

A reunión na que se alcanzou o acordo finalizou á unha da pasada madrugada e coa mediación da presidenta do Consello galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez Barbeiro.

O preacordo da vixencia do convenio colectivo desde o 1 de xaneiro de 2016 ao 31 de decembro de 2022 asinado queda agora pendente da súa ratificación nas asembleas de traballadores que terán lugar mañá, mércores.

O documento recolle un incremento salarial e melloras sociais.

Comentarios
Lo más