Feijóo defende o voto ao Partido Popular fronte "as carambolas" doutras formacións
Segundo explicou, "aos españois irá mellor cun Goberno estable como o de Galicia, que leva dez anos contribuíndo ao progreso da comunidade"
O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendeu onte o voto directo ao Partido Popular nas próximas eleccións como "fórmula segura" fronte ás "presuposicións e carambolas" doutros.
Durante un mitin en Arzúa (A Coruña), Feijóo asegurou que "os galegos non lle darán un minuto máis na Moncloa a un presidente que crea problemas e que lle recortou un 30 % os investimentos a Galicia", dixo sobre o socialista Pedro Sánchez.
Nun comunicado, o líder dos populares galegos sinalou que "o voto útil non é un PSOE que elixe o que lle mandan os nacionalistas; nin unhas Mareas que apoian uns orzamentos humillantes, nin un BNG que se une con Bildu".
Segundo explicou, "aos españois irá mellor cun Goberno estable como o de Galicia, que leva dez anos contribuíndo ao progreso da comunidade, en lugar dun Executivo que non funciona, que goberna unicamente para os seus socios e que depende para todo dos que queren cortar en anacos España"