Trasladada a unha persoa a Povisa por un incendio na súa vivenda
Os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Vigo co fin de comprobar que o incendio estaba completamente sufocado
Unha persoa foi trasladada onte á Clínica Povisa de Vigo debido á lesións provocadas por un incendio orixinado na campá extractora da cociña.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os feitos ocorreron ás 15:30 horas de onte, cando o ocupante dunha vivenda situada na Rúa Taboada Leal de Vigo trataba de apagar cun extintor un lume na cociña. Malia lograr reducir as chamas, a persoa sufriu diversas queimaduras nas mans, polo que foi evacuada por un equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias á Clínica Povisa.
Pola súa banda, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Vigo co fin de comprobar que o incendio estaba completamente sufocado.
Tamén, na Coruña, os bombeiros interviñeron esta tarde para apagar un incendio que comezou nunha tixola e acabou por propagarse á campá extractora e aos mobles superiores da cociña. Ocorreu preto da mesma hora na Rúa Ángel Senra, pero ninguén resultou afectado.