Extinguen o incendio dunha vivenda en Escairón
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiron o aviso ao fío das 18:00 horas da tarde de onte
O lume rexistrado nunha vivenda situada na Rúa Miguel de Cervantes, en Escairón, afectou o baixo do inmoble, parte do andar superior e tamén un vehículo que estaba aparcado nun garaxe próximo á casa. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiron o aviso ao fío das 18:00 horas da tarde de onte a través da chamada dun veciño que alertaba dos feitos.
A partir dese momento, púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos Bombeiros de Chantada, da Garda Civil e tamén dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Os efectivos do servizo sanitario tamén foron avisados por se fose necesaria a súa colaboración.