miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rescatan a dúas persoas nunha embarcación en Cangas

Rescatan a dúas persoas nunha embarcación en Cangas
Rescatan a dúas persoas nunha embarcación en Cangas

Un dos tripulantes chamou ao 112 Galicia pasados uns minutos das 22:20 horas para solicitar axuda

Unha embarcación de pequenas dimensións sufriu unha vía de auga e a consecuencia, dúas persoas necesitaron ser rescatadas en Cangas a pasada noite.

Un dos tripulantes chamou ao 112 Galicia pasados uns minutos das 22:20 horas para solicitar axuda. Segundo o seu relato, a lancha na que viaxaba xunto a outro compañeiro estaba anegándose. Naquel intre atopábanse ben e intentaban amarrar a embarcación nunha batea próxima – detrás do Faro da Borneira, á 1km da costa.

Decontado, o 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo que, dende ese momento, coordinou o rescate. Un dos tripulantes foi rescatado pola embarcación Salvamar Mirach e o outro foi axudado por un barco que estaba nas inmediacións.

No operativo participaron, ademais, membros da Garda Civil e da Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Cangas, tras ser requiridos polo persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. O Servizo de Garda Costas de Galicia tamén foi informado, así como os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias. 

Comentarios
Lo más