miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Encontro entre a AVV. Camiño de Santiago de Bando e Xoán Bascuas

Encontro entre a AVV. Camiño de Santiago de Bando e Xoán Bascuas
Encontro entre a AVV. Camiño de Santiago de Bando e Xoán Bascuas

Compromiso recolleu as demandas que dende a asociación veciñal levan reclamando durante anos

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da Asociación Veciñal Camiño de Santiago de Bando mantiveron unha xuntanza na que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a sufrir a veciñanza. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual dos dintintos problemas e a falta de investimento no barrio. Dende a Asociación Veciñal apuntan que as principais demandas céntranse na falta de alumeado público en distintos núcleos da parroquia e nos viais de saída ao Monte do Gozo, Aríns e San Marcos. 

De igual modo sinalan a falta de acondicionamento de distintos viais como o enlace co Polígono Costa Vella, ou a apertura da Rúa do Peregrino e o arranxo do adoquinado da Rúa de San Marcos. Dende a AVV Camiño de Santiago de Bando tamén apuntan a falta de saneamento na Rúa do Coto dos Olmos, así como a falta de suministro de auga en Bando de abaixo. Bascuas apunta a falta de vontade do actual goberno, “tal e como demostra o feito de que a rotulación das rúas e a sinaléctica da parroquia aínda non estea posta cando xa foi aprobada nos orzamentos participativos do 2016, ou como os colectores de lixo da Rúa San Marcos estén sin funcionar”.

Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e piden o Concello que execute as melloras que xa ten licitadas en Bando e que escoite as demandas das asociacións veciñais do rural, que con vontade e coñecemento das mesmas son de fácil arranxo.

Comentarios
Lo más