miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Segue a búsqueda da muller desaparecida na costa de Ferrol

Segue a búsqueda da muller desaparecida na costa de Ferrol
Foto de arquivo
Segue a búsqueda da muller desaparecida na costa de Ferrol

Os efectivos retomaron os traballos na zona de cantiles comprendida entre Penencia e Lume Boo, na parroquia costeira de Doniños

Persoal de corpos de seguridade e emerxencias renovou este luns en Doniños, en Ferrol, a procura da muller de 57 anos que permanece en paradoiro descoñecido desde o pasado 10 de marzo, ao cumprirse nove días da súa desaparición.

Os efectivos retomaron os traballos na zona de cantiles comprendida entre Penencia e Lume Boo, na parroquia costeira de Doniños, na zona rural ferrolá. Salvamento Marítimo da Coruña asumiu de novo a coordinación deste despregamento, informou o Concello ferrolán.

Nas tarefas colaboran traballadores do corpo municipal de bombeiros de Ferrol, Policía Local e Protección Civil. Ademais, a asociación galega Casaga achegou de novo os seus cans de rescate para o rastrexo da contorna.

Un familiar alertou da desaparición o pasado 11 de marzo tras atopar unha das pezas da muller no litoral de Doniños, sen que transcendesen desde entón máis novidades sobre a veciña de Ferrol

Comentarios
Lo más