A Casa da Cultura de Lousame acollerá hoxe martes o ensaio aberto do espectáculo infantil “Canta miña pedra, canta”
06:30 19/03/19
06:30 19/03/19
Terá lugar na Casa da Cultura ás 18:30 horas
A Casa da Cultura de Lousame acollerá hoxe martes 19 de marzo, ás 18:30 horas, o ensaio aberto do espectáculo infantil “Canta miña pedra, canta”, con Xoán Curiel e Charo Pita. Deste xeito, a veciñanza de Lousame poderá ver en primicia un espectáculo baseado na vida e obra de Antón Fraguas que a Rede de Dinamización Lingüística levará a catorce municipios de Galicia co gallo da celebración este ano do Día das Letras Galegas.
Neste espectáculo familiar, dirixido especialmente a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, Curiel e Pita porán en valor non só a traxectoria vital do autor homenaxeado, senón tamén a oralidade a través da canción e da narración oral, ambas aprezadas e estudadas por Antón Fraguas.