Un Peleteiro ao límite pero que puido enfrentarse ao Allariz
O equipo masculino gañou o seu partido e o feminino non puido conseguir a vitoria
Situación límite no equipo. Ás tres baixas xa sabidas, uníase a de Raviña o xoves. Ademais o junior Pablo non puido adestrar en toda a semana por unha forte contusión e o coach Pinaque o reservaba no partido junior para que poidera botar unha man. Sumábase Ramón ao equipo pero aos 4 minutos de encontro David Pazo tiña que deixar o partido por molestias físicas. Pois aínda así, o Peleteiro foi quen de sacar o partido adiante cos cinco seniores e os dous juniors ante un sempre competitivo Allariz.
Desta vez si que saian enchufados ao partido e con boa defensa, pechando o rebote e en ataque tendo paciencia con ataques largos, chegaban ao descanso 4 puntos arriba.
Tras o descanso os alaricanos apretaban en defensa e conseguían varias canastras fáciles, acompañados de varios triples e dábanlle a volta ao marcador pechando o cuarto con 8 puntos de vantaxe.
Lonxe de virse abaixo o equipo saiu convencido de poder disputar o partido e que o esforzo feito durante tres cuartos non fose en balde. Moure anotaba 5 puntos que apretaban o marcador. Logo se uniron varios tiros libres anotados (con mención a Pedro con 11 convertidos en total e so dous fallados por todo o equipo) entre faltas e técnicas ao equipo visitante, e conseguiron poñerse 3 arriba a falta de 5 minutos. Os últimos minutos foron moi disputados e grazas de novo, ao acerto nos tiros libres, desta vez de Carlos e unhas moi boas defensas puideron deixar a vitoria na casa.
A vindeira semana viaxan a Arteixo, o sábado ás 18:00.
FEMININO
O líder Arxil visitaba Montouto nun partido que se presentaba igualado a teor da exigua diferenza que lles separou no partido da primeira volta.
Nesta ocasión a saída de Peleteiro foi desconcertante, tardou moito en anotar e concedeu moitos rebotes o que propiciou segundas e mesmo terceiras oportunidades para a anotación de Arxil que se adiantando no marcador ata os 25 puntos por só 8 de Peleteiro na pausa do primeiro cuarto.
As colexiais, con todo, foron capaces de plantar cara ao equipo pontevedrés no resto do partido, mellorando o seu defensa e a anotación pero o acerto no tiro exterior de Arxil foi determinante para manter a folgada diferenza, dez triplos anotados fixeron que o esforzo de Peleteiro, que a pesar de todo conseguiu 69 puntos, non puidese achegarse aos 86 do equipo visitante.