Unha ambulancia asiste a un home en Ribeira despois de sufrir unha indisposición mentres conducía
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para informar dos feitos ao fío das 19:45 horas da tarde de onte
Un home necesitou asistencia sanitaria ao sufrir unha indisposición mentres conducía pola DP-7305, á altura do punto quilométrico 2, e chocar contra o garaxe dunha casa na parroquia coruñesa de San Paio de Carreira, en Ribeira.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para informar dos feitos ao fío das 19:45 horas da tarde de onte. No seu relato, informaba que presenciou unha saída de vía onde un turismo chocou contra unha casa, e solicitaba asistencia para o condutor que aparentaba necesitar axuda.
De inmediato, os xestores do CIAE 112 puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Ribeira, da Garda Civil de Tráfico e tamén da Policía Local.
Tras confirmar que o ferido atopábase liberado e accesible e descartarse o uso do material de excarceración, os servizos sanitarios trasladaron ao home ao centro hospitalario de referencia.