Trasladado por inhalación de fume un menor ao incendiarse a campá extractora na Coruña
19:50 17/03/19
19:50 17/03/19
Sucedeu ao fío das 15:45 horas nunha vivenda situada na Praza da Branca Quiroga, no concello da Coruña
Un menor de idade tivo que ser trasladado esta tarde ao Centro Hospital Universitario da Coruña despois de que ardese a campá extractora dunha vivenda situada na Praza da Branca Quiroga, no concello da Coruña.
Sucedeu ao fío das 15:45 horas, cando un particular alertaba do incendio ao 112 Galicia. A partir de aí, desde o 112 Galicia se requiriu a intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros da Coruña, e dos axentes da Policía Local da localidade.
Unha vez extinguido o lume, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña extinguiron o lume, confirmaron o traslado do menor polo persoal sanitario.