Saída de vía dun vehículo en Ares
Sucedeu ao redor das 03:00 horas na estrada entre Ares e Chanteiro
Pasados uns minutos das tres desta madrugada, dúas persoas resultaron feridas nunha saída de vía no concello de Ares, concretamente na estada que enlaza Ares con Chanteiro. Segundo a información da persoa que chamaba ao 112 Galicia para alertar do sucedido, o vehículo quedara semienvorcado e un dos ocupantes atopábase fora do turismo.
Con estes datos o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil de Tráfico. Asimismo, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Mugardos e Protección Civil da localidade.
Segundo a información facilitada ao 112, finalmente, dúas foron trasladas polos servizos sanitarios ao centro sanitario de referencia.