Tres persoas feridas en Vigo tras colidir dous vehículos
19:35 16/03/19
19:35 16/03/19
Sucedeu pasadas as 13:15 horas na parroquia de Valadares
Tres persoas resultaron feridas despois de colidir dous vehículos que circulaban pola Avenida de Castrelos a altura do nº 437, na parroquia de Valadares en Vigo.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasadas ás 13:15 horas desta tarde, grazas as chamadas de alerta de varias persoas particulares. A partir de aí, informouse ao servizo sanitario de urxencia, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local da localidade.