Colisión de tres turismos en Moaña
19:59 16/03/19
19:59 16/03/19
Sucedeu pasadas as 14:00 horas
Pasadas as 14:00 horas, tres turismos colidían na VG-4.5 á altura do acceso coa vía CG-4.1, no concello pontevedrés de Moaña. Foi a esa hora cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar do accidente.
Con estes datos, dende o 112 pásase o aviso aos servizos sanitarios de urxencia, ao Bombeiros do Morrazo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, púxose o suceso en coñecemento dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.