miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

“A cidade do futsal” quenta motores

“A cidade do futsal” quenta motores
“A cidade do futsal” quenta motores

Lembramos que, con motivo da gran festa do Futsal, o calendario de futbol sala da RFGF correspondente a esa fin de semana aprázase co fin de que os equipos poidan acudir ao torneo

O próximo día 30 e 31 de Marzo celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a VI edición de “A Cidade do Futsal”. Organizado por Viaqua e o Santiago Futsal, congregará aproximadamente a 400 nenos de toda Galicia e celebrarase en tres pistas de maneira simultánea.

Os partidos da categoría alevín celebraranse o sábado pola tarde, mentres que os de categorías biberón, pre benjamín (primeiro e segundo ano) e benjamín terán a súa quenda o domingo durante todo o día.

Os equipos estarán formados por 4 xogadores (1 porteiro + 3 xogadores de pista) e cada equipo pode ter un máximo de 1 cambio (é dicir total de 5 xogadores), unha fórmula adaptada ao tamaño das pistas que fai os partidos máis dinámicos e divertidos para participantes e espectadores.

Lémbrase que, con motivo da gran festa do Futsal, o calendario de futbol sala da RFGF correspondente a esa fin de semana aprázase co fin de que os equipos poidan acudir ao torneo. Da mesma forma, os horarios non coincidirán cos de fútbol campo. Desde o Santiago Futsal reiteramos o noso agradecemento á RFGF a súa predisposición para facer deste evento deportivo un gran éxito a nivel de participación.

A inscrición poderase realizar presencialmente nas oficinas do Club ou a través do correo electrónico administracion@santiagofutsal.com.

Comentarios
Lo más