miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira recibe a Ana Peleteiro con fogos de artificio

Ribeira recibe a Ana Peleteiro con fogos de artificio
Ribeira recibe a Ana Peleteiro con fogos de artificio

O alcalde Manuel Ruiz obsequioulle no nome da Corporación cunha suadeira coas letras de Riv/beira coas cores do arco da vella e na que a controversia v/b foi substituída por un corazón

Onte o Concello de Ribeira fixo a recepción oficial, na praza do Concello,  á campioa de Europa Ana Peleteiro, quen se dirixiu aos centos de vecinos e veciñas congregados na explanada dende o balcón da Casa Consistorial.


Antes, na propia praza, os alí congregados fixéronlle un pasillo, entre eles membros do Club Atletismo Santa Uxía onde ela comezou de nena. 

O alcalde Manuel Ruiz obsequioulle no nome da Corporación cunha suadeira coas letras de Riv/beira coas cores do arco da vella e na que a controversia v/b foi substituída por un corazón. Despois dos discursos (ademais de Ana e o alcalde interveu Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo) soltáronse fogos de artificio e acto seguido Ana baixou ata un photocall na praza onde todos os que así o quixeron puideron retratarse con ela.

Comentarios
Lo más