miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 350 competidores participarán no Campionato de España de Kempo

Máis de 350 competidores participarán no Campionato de España de Kempo
Máis de 350 competidores participarán no Campionato de España de Kempo

O evento abarca as modalidades júnior, sénior, máster, infantil, xuvenil e cadete

Máis de 350 competidores participarán esta fin de semana en Ribeira no Campionato de España de Kempo: un certame que foi presentado hoxe no consistorio local polo alcalde Manuel Ruiz, o concelleiro de Deportes Anxo Orellán e Iván Parada no nome do Club Kempo Barbanza, a entidade que tomou a iniciativa e contactou coa Federación Española de Kárate para que esta competición puidese ter lugar no noso concello.

A este último respecto, agradeceu ao Concello a súa colaboración en aras a que o pavillón municipal da Fieiteira acolla o campionato os días 16 e 17 de marzo (sábado e domingo). Precisou que todas as comunidades autónomas están representadas (no caso de Asturias, dentro da selección de Castela e León) e que no que respecta a Galicia tomarán parte 71 loitadores, dos cales 44 proceden do propio club ribeirense.

O evento abarca as modalidades júnior, sénior, máster, infantil, xuvenil e cadete.Tocante as categorías de máis idade (júnior, sénior e máster), o sábado participarán nas especialidades de kata, kobudo, defensa persoal, semikempo e semicontacto continuo, mentres que o domingo farano en full kempo. No resto de categorías, o sábado afrontarán a parte técnica reservando o domingo para o combate.

Alcalde, concelleiro e representante do club animaron a encher o pavillón da Fieiteira con motivo deste campionato, dedicado a un deporte que dende fai anos está arraigado en Ribeira. Ademais, poderá ser visionado en directo por streaming vía YouTube.

Comentarios
Lo más