miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Valentín García participa na apertura do ano internacional do sistema periódico no Consello da Cultura Galega

Participaron canda el a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, a decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez, e o coordinador do encontro, Manuel Bermejo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte na apertura da xornada O ano internacional do sistema periódico: reflexións desde Galicia, que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo no marco da conmemoración do 150 aniversario da táboa periódica dos elementos químicos proposta polo científico ruso Dimitri Mendeléyev e da declaración do Ano Internacional do Sistema Periódico polas Nacións Unidas.

Participaron canda el a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, a decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez, e o coordinador do encontro, Manuel Bermejo.

Comentarios
Lo más