Os operarios do novo centro de saúde de Milladoiro paran as obras polos impagos da empresa
13:15 14/03/19
13:15 14/03/19
Denuncian que levan un mes sen cobrar e que non se están a dar solucións para poder atallar da mellor maneira esta situación
- O pasado mes de xuño de 2018 comezaba en Milladoiro, despois dun periplo de moitos anos, a construcción do novo centro de saúde. Unha demanda por parte da veciñanza amesá dende fai bastante tempo e que finalmente se facía realidade o ano pasado.
A inversión por parte da Xunta de Galicia é de 2,3 millóns de euros e a empresa encargada da construcción é Ramírez Construcciones S.L. As obras comezaron cun bo arranque pero, agora, parece que pode haber problemas para súa continuidade.
- Esta mañá os traballadores pararon as obras para mostrar a súa queixa ante os impagos por parte da empresa. Denuncian que levan un mes sen cobrar e que non se están a dar solucións para poder atallar da mellor maneira esta situación.
COMPOSTELA24HORAS.COM púxoxe en contacto coa empresa no que afirmaban que "descoñecían a situación" e o xefe de obra non quixo facer declaracións sobre a problemática xurdida.
Blas García, concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, acercouse esta mesma mañá para coñecer de primeira man as queixas dos operarios.