miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as "Tardes Xogantinas" no Espazo Educativo María Miramontes

Comezan as "Tardes Xogantinas" no Espazo Educativo María Miramontes
Comezan as "Tardes Xogantinas" no Espazo Educativo María Miramontes

As Tardes Xogantinas serán todos os mércores, dende onte e ata o 26 de xuño, agás os días non lectivos

Esta tarde botan a andar as Tardes Xogantinas no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, nas Fontiñas. Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que poderán xogar e socializar en galego.

As Tardes Xogantinas serán todos os mércores, dende o mércores e ata o 26 de xuño, agás os días non lectivos. As actividades desenvolveranse de 18:00 a 19:30 horas, e para participar só é preciso presentarse na ludoteca e cubrir unha ficha cos datos do neno ou nena participante. Para cada sesión fíxase un máximo de 15 cativos e cativas, que se cubrirán por orde de chegada.

As actividades estarán guiadas por Xandobela, unha iniciativa de dinamización sociocultural de Compostela que traballa no eido da pedagoxía, a cultura e a animación sociocultural. As Tardes Xogantinas iranse desenvolvendo a través de diferentes iniciativas que permitirán que os nenos e nenas poidan ir coñecendo a tradición oral e experimentando a normalidade de relacionárense en galego. 

Comentarios
Lo más