Charla sobre radioterapia e cancro
06:30 13/03/19
06:30 13/03/19
Terá lugar no Museo do Traxe Juanjo Liñares ás 19:00 horas
A xunta local da AECC de Ordes ten organizada de cara a este xoves a charla Radioterapia e cancro: Rompendo mitos e construíndo realidades.
Terá lugar no Museo do Traxe Juanjo Liñares ás 19:00 horas. As persoas que queiran asistir poderán facelo de balde. Antonio Gómez Caamaño, xefe de oncoloxía radioterápica do CHUS, será o relator.